Estudios de literatura medieval italiana

2018 
Ana Ma Dominguez Ferro foi profesora titular de Filoloxia Italiana na Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 1997. Licenciada en 1986 en Filoloxia Hispanica, doctorouse en Filoloxia Italiana en 1992 cunha tese acerca das manifestacions amorosas dos poetas da Scuola Poetica Siciliana. Sobre este argumento desenvolveu boa parte das suas investigacions posteriores, que constituen no seu conxunto un referente esencial para o estudo dos poetas da corte de Federico II. Relevantes son tamen as suas pescudas sobre a literatura de viaxes, os estudos de xenero e o Humanismo e Renacemento. Traballadora incansable, sobresae asi mesmo o seu maxisterio academico durante tres decadas nas aulas da Facultade de Filoloxia da USC. Ana faleceu en Compostela no mes de xaneiro de 2017, deixando os seus alumnos, colegas e amigos en profundo desacougo e desamparo. Este volume de homenaxe in memoriam, que recompila parte do seu traballo investigador no campo da literatura medieval italiana, consagrase, desde o mas profundo afecto, a dar testemuno da gratitude y o reconecemento colectivo a un legado humano e academico impagable.
    • Correction
    • Source
    • Cite
    • Save
    • Machine Reading By IdeaReader
    0
    References
    0
    Citations
    NaN
    KQI
    []