language-icon Old Web
English
Sign In

galego segundo a mocidade

2019 
O MSG tina como obxectivo proporcionar un diagnostico da situacion da lingua galega que servise de base a futura planificacion linguistica. Neste amplo e detallado estudo trazabase un exhaustivo panorama da situacion sociolinguistica da lingua galega, segundo tres parametros basicos: a competencia en galego, os usos linguisticos e as actitudes cara a esta lingua. En canto ao primeiro parametro, os resultados mais relevantes confirmaban a elevada competencia da poboacion galega no conecemento oral do galego e a tendencia dos entrevistados mais novos a se consideraren menos competentes na fala ca poboacion adulta. Respecto do segundo, mediante unha descricion polo miudo do estado do uso nas distintas circunstancias e situacions, destacaban, por unha banda, o avance do bilinguismo e, por outra, unha tendencia ao menor emprego do galego entre a xente nova en comparanza coas xeracions de maior idade. Finalmente, a exploracion das actitudes indicaba o alto grao de aceptacion xeral do idioma, especialmente entre a mocidade e os grupos sociais mais favorecidos (maior nivel educativo, maior nivel de ingresos e habitat urbano). As tendencias xerais postas de manifesto polo MSG indicaban unha aparente inconsistencia entre os elevados niveis de competencia, as actitudes favorables cara ao idioma e o comportamento linguistico nos grupos sociais onde se esperaba unha recuperacion do uso do galego, especialmente no colectivo xuvenil. Estas consideracions levaron a escoller a mocidade como grupo social obxecto de estudo, posto que nela estan depositadas as expectativas futuras de cambio social e porque e a que ofrece maior disonancia entre competencia linguistica e usos, e tamen entre actitudes e usos (MSG, 1995, 1996 e 1997). Agardamos que os resultados obtidos mediante as diferentes tecnicas de investigacion fornezan un diagnostico exhaustivo das actitudes linguisticas da mocidade galega.
    • Correction
    • Source
    • Cite
    • Save
    • Machine Reading By IdeaReader
    0
    References
    0
    Citations
    NaN
    KQI
    []